Aspectos legais e de protección da propiedade intelectual

A maioría dos contidos da Internet (textos, imaxes, música, videos...) teñen dereitos de autor. Isto implica vixiar o que copiamos e o que baixamos da Rede.
creative_commons.jpg

Cando utilizamos a Internet atopámonos coa posibilidade de descargar diversos tipos de contido (textos, imaxes, música, videos...). A maior parte destes contidos teñen dereitos de autor que debemos coñecer. Aquí van uns pequenas definicións para situarnos:

Os dereitos de autor son os dereitos morais e de explotación que ten un autor dunha obra literaria, artística ou científica. En caso de que utilicemos as súas obras isto implica un custe ou a autorización expresa do autor. No contexto dixital os dereitos de autor fan referencia principalmente á música, películas, imaxes , textos publicados na Internet ou en soporte dixital.

O Copyright reflexa a posesión do dereito de explotación e, polo tanto, só o pode facer constar o titular ou concesionario destes dereitos. Os dereitos de explotación forman parte dos dereitos de autor. O símbolo do copyright é ©.

Temos a opción de buscar obras baixo licenza Creative Commons, que indica "bens comúns creativos". As licenzas Creative Commons están pensadas para facilitar a distribución e uso de contidos. Dentro destas licenzas existen diferenzas con diferentes configuracións ou principios, como o dereito do autor orixinal a dar liberdade para citar a súa obra, reproducila, crear obras derivadas, ofrecela públicamente e con diferentes restriccións, como non permitir o uso comercial ou respetar a autoría orixinal.

Poderíamos dicir que as licenzas Creative Commons priorizan a distribución e o uso dos contidos mentres que o Copyritght ten unha clara compoñente de explotación comercial.

Grazas á Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela temos a posibilidade de coñecer as diferentes casuísticas en relación coas Creative Commons, tema que abordaremos con máis tranquilidade noutra nova.