Que é Scratch?

Scratch é unha linguaxe de programación visual e moi divertida creada polo MIT e enfocada aos máis pequenos, de 7 a 99 anos.
Gato de scratch

Con esta linguaxe de programación pódense facer xogos, animacións, música, arte, o límite está na nosa imaxinación. Nesta ligazón podedes ver un vídeo coas posibilidades que ofrece.

programación en scratchO protagonista principal desta linguaxe de programación, que aglutina unha importante comunidades de educadores, é o gato Scratch aínda que podemos utilizar outras animacións existentes ou crealas de novo para utilizalas no noso proxecto.

Dispoñemos duns bloques de contrucción distribuídos por tipo e cores para que resulte máis fácil o seguemento do programa, que debemos ir encaixando ao espazo correspondente para que o gato faga o que lle indiquemos a través do rectángulo de execución.

Unha vez rematada a nosa programación temos a posibilidade de subila ao lugar web do MIT para que todo o mundo poida ver e desfrutar da nosa creación. Sorprenderavos a cantidade de xente que se interese polo voso proxecto!. Actualmente hai máis de 429.000 proxectos dos que podemos aprender xa que todos son publicados baixo licenza Creative Commons, e polo tanto podemos descargalos, utilizalos e acceder ao seu código fonte.

Para iniciarvos en Scracht, consultade as categorías Tutoriais e Videos onde poderedes aprender as funcións básicas.

Que o pasedes moi ben programando en Scracht!