Manual de supervivencia na Escola 2.0
- Etiquetas:
- Temática:
Coas novas técnicas de formación o concepto tradicional de escola, onde un mestre imparte unha materia e os alumnos e alumnas se limitan a coller notas e facer preguntas, mudou.
O novo concepto de educación, a Escola 2.0, permite unha creación da información de xeito colaborativo, onde tanto uns como os outros forman parte da elaboración dos contidos e poden aprender dos demais. Unha intelixencia colectiva que se reflicte nunha elaboración colaborativa.
As claves da nova formación pasan polo cambio na forma de comunicarse, de colaborar, de compartir e de confiar no resto de membros do grupo. O uso das ferramentas que brinda a Internet e o resto de Novas Tecnoloxías mellora a comunicación, fai que o pensamento se desenvolva co intercambio cos demais e incentiva a discusión como método de aprendizaxe e parte importante no proceso educacional.
Así mesmo, a Escola 2.0 elimina as barreiras da educación ao non limitar esta ás horas de docencia presencial. Dese xeito, a formación prodúcese tanto fóra como dentro do centro escolar, ampliándose a formación a diferentes lugares e horarios.
Co novo concepto, a formación non comeza nin remata na escola, senón que é un continuo tanto para os rapaces e rapazas como para os mestres.
Na seguinte Pílula de coñecemento "Manual de supervivencia na Escola 2.0" indicámosvos algunas das principais carácterísticas.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2347 lecturas