Os 10 mellores proxectos de E-learning en Open Source

O e-learning permite unha formación permanente, en calquera lugar e momento e con baixos custos. Moitas organizacións están a atopar nesta opción un xeito de educar adaptado as súas capacidades. Neste artigo indicámosvos ferramentas e proxectos en Open Source que nos poden axudar a realizar o noso traballo diario.
Ferramentas e-learning
  •  App Inventor - (mLearning): App Inventor para Android permite que persoas cunha mínima experiencia en programación poidan crear aplicacións persoais para dispositivos Android. Podes crear unha aplicación de proba.
  • BigBlueButton - (Web Conferencing): está construído para o ensino superior. Permite ás universidades e faculdades ofrecer unha experiencia de alta calidade de aprendizaxe a alumnos remotos.
  • eFront - (LMS): eFront é un Sistema de Xestión de E-learning en Open Source. Visualmente amiglable ofrece un sistema de validación en SCROM eFront conta cunha comunidade de aprendizaxe e defende os principios do coñecemento colectivo.
  • CamStudio
    CamStudio pode gardar toda a pantalla e a actividade de audio realizada nun ordenador e crear arquivos de vídeo AVI.
  • LAMS
    LAMS é unha nova ferramenta pensada para o deseño, xestión e entrega de actividades de aprendizaxe colaborativa online. Ofrece ao profesorado un ambiente de creación altamente intuitiva e visual para a xeracións de secuencias.
  • Xerte
    O proxecto Xerte proporciona un completo conxunto de ferramentas de código aberto para e-Learning. Desenvolvedores e autores de contido producindo materiais de aprendizaxe interactiva.
  • MLOAT
    Multimedia Learning Object Authoring Tool permite que os expertos de contidos poidan combinar fácilmente vídeo, audio, imaxes e textos nun obxecto sincronizado de aprendizaxe. Todos os elementos son configurados para seren reproducidas dunha forma pre-configurados.
  • EXE
    O proxecto desenvolveu unha "EXE"  dispoñible libremente de creación de aplicacións para axudar aos docentes na edición de contidos da web sen necesidade de programar en HTML ou marcación XML.
  • ClassTools.net
    É posible crear gratis xogos educativos, actividades e diagramas a través da súa plataforma.
  • OpenMeetings - (webconferencia)
    OpenMeetings é un software libre baseado no navegador que permite configurar instantaneamente unha conferencia en web. Podes usar o micrófono ou webcam, compartir documentos nun cadro branco, compartir a súa pantalla ou gravar reunións.

Fonte orixinal: E-front Learning