Redes sociais: unha extensión da vida real

As redes socias queren ser a extensión en Internet da vida real e cotiá. Son unha realidade moi diversa
Imaxe de redes sociais

As redes sociais  forman parte do uso cotián da Internet e o fenómeno consolidouse definitivamente en 2010, cunha  porcentaxe de usuarios entre os internautas españois que alcanza o 85%. Isto é o que se deduce do estudo elaborado por  The Cocktail Analysis e feito público o pasado mes de febreiro. Este estudo ten como obxectivo analizar de forma continua a evolución das redes sociais e a social media entre os internautas españois.
A grandes liñas e a partir dalgunhas das principais conclusións, a situación das redes sociais en España pódese resumir como segue.
1.- Facebook é a “rede social” por excelencia, até o punto de a marca se converter en  sinónimo deste concepto. Mantén o seu liderado co 78% dos internautas.
Entre os seus competidores destaca Tuenti co 35% de penetración, que se consolida no seu mercado xuvenil. Twitter está nun proceso de crecemento e alcanza o 14% de internautas.
Cada usuario ou usuaria utiliza, por termo medio,  dúas redes sociais “puras”, un indicador que se mantén con respecto ao ano pasado. Cabe destacar que o 25% destes usuarios declara que está predisposto a utilizar algunha rede máis e a maioría apunta que seguramente será en Twitter.  O 40% de todas as contas creadas en España en redes sociais son contas non activas.

2.- O móbil despegou. 4 de cada 10 internautas usan internet no móbil polo menos unha vez ao mes e deles o  73% consultan as redes sociais por esta vía. Aumenta a frecuencia de uso, o 29% dos usuarios de redes sociais fano diariamente desde o seu móbil. Por último dous datos moi reveladores: O 40% dos usuarios de twitter acceden desde o móbil e a xeolocalización ou xeorreferenciamento é utilizado por 3 de cada 10 usuarios de Intenet Móbil.

3.- Outro dato a ter en conta é entrada das marcas nas Redes Sociais. Coca-Cola é a marca coa que se interactuou máis lembrada. As marcas de moda como Nike, Branco, Adidas ou Zara gañan peso en Facebook e as operadoras de telefonía, entre as que destaca Movistar, en Tuenti.

Os usuarios de Facebook son os que máis interactúan coas marcas, o  86% manifesta facelo. No caso de Twitter só o 17% dos usuarios din ser followers dunha marca, pero o recordo de marca xerado é maior que en Facebook, o 86% vs 61%.

 Se che interesa ampliar esta información aquí tes o estudo.
Observatorio redes sociais 2011