Seminario de Educación Dixital en Narón
- Etiquetas:
- Temática:
Os Seminarios de Educación Dixital consisten en sesións presenciais, dunha duración aproximada dunha hora e media, nas que de forma participativa e cercana se dan a coñecer as vantaxes e perigos que implica Internet. O obxectivo dos mesmos é abordar a problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo unha formación ampla dirixida aos sectores da sociedade máis implicados neste caso as nais, pais e titores.
Nestas sesións abórdanse temáticas como a aparición das redes sociais (Facebook, Tuenti, Twitter…); os xogos de rol e a súa influencia nos máis novos, consellos para xestionar a nosa identidade dixital e solucións ante casos de acoso dixital, uso fraudulento de identidades; estafas; publicidade abusiva; estratexias para atopar información veraz...
Nesta ocasión o Seminario de Educación Dixital celebrarase no CPI do Feal, no Concello de Narón, o vindeiro luns día 23 de maio ás 17:00 horas.
Animádevos a participar para romper a fenda dixital!!
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2235 lecturas
-