Twitter é unha ferramenta educativa?

Para moitos Twitter ocupa un espazo privilexiado na súa rutina diaria como ferramenta de comunicación. Mais á hora de pensar na educación poder convertirse nunha ferramenta útil?
Visualización da imaxe dos usuarios en Twitter

Twitter é unha rede social baseada no microblogging, é dicir un servizo que permite aos seus usuarios enviar e publicar mensaxes breves con arredor de 140 caracteres. Nun principio só permitía enviar texto e nas últimas semanas incorporou a opción de enviar imaxes. O crecemento desta rede social foi exponencial nos últimos dous anos, convertíndose nunha ferramenta moi útil para compartir e por en común coñecemento.

Como funciona Twitter?

Esta rede social funciona mediante o envio de pequenas mensaxes denominadas twetts que se mostran na páxina principal do usuario que as envia. Os usuarios poden subscribirse ás canles de mensaxes que publican outros usuarios e recibir toda a información que emitan.

E é que en ocasión resulta moi interesante seguirlle a pista a unha persoa que para nós e referente nun determinado ámbito. Seguro que noutro momento atopamos información do noso interese publicada por esa mesma persoa ou incluso podemos buscar o xeito de contactar e compartir coñecemento.

- Os twetts: Normalmente os twetts lévannos a outras páxinas de interese onde podemos profundizar nunha temática. Unha mensaxe en Twitter é como un pequenísimo resumo dunha nova que liga cun contido explicado en detalle. Nesta rede social tamén nos podemos atopar con conversacións entre usuarios, retweets ou twetts repetidos por terceiros usuarios, autopromoción...

- As almofadas ou hashtag: Durante este tempo Twitter foi xerando o seu propio código e para vincular a nosa mensaxe a unha área semántica empregamos a almofada ou hashtag (#educaciondixital).

Por defecto as mensaxes publicadas en Twitter son públicas aínda que tamén podemos escribir mensaxes privadas entre os nosos seguidores.

De que xeito o podemos utilizar no eido educativo?

Existen algúns exemplos que nos poden axudar a utilizar o Twitter na aula converténdose nunha ferramenta máis de traballo:

  • Sen dúbida o primeiro é como ferramenta para compartir información actual (artigos, entrevistas, informes, enquisas...) de xeito rápido e sinxelo. A través desta rede social podemos ser "seguidores" de especialistas en determinadas áreas temáticas.
  • Tamén podemos facer un seguimento dun tema específico aproveitando a opción de busca que nos ofrece a ferramenta. Seguro que imos atopar a outros usuarios que están a escribir en tempo real sobre a temática do noso interese.
  • Unha vez que temos xerado o noso perfil e contamos cun número de usuarios que seguimos e usuarios que nos siguen podemos manter conversas virtuais con eles. Doutra banda tamén pode servir como canle de comunicación entre os alumnos e alumnas e os docentes, tanto dun mesmo centro como de centros diferentes.
  • O valor do coñecemento e a veracidade da información, do que escribimos unha pílula de coñecemento neste proxecto, é un aspecto clave en Twitter. Calquera usuario da rede social é consciente da importancia de aportar coñecemento, aspectos relevantes dunha temática e non quedarse no anecdótico. Aportar coñecemento implica crecer en número de seguidores, coñecer a outros usuarios e manter un diálogo fluído con eles. Do contrario en pouco tempo podemos ver como os nosos seguidores desaparecen e as conversas que mantemos son inexistentes.
  • Divertido e áxil. Si, Twitter é unha ferramenta moi áxil, rápida, dinámica que nos permite estar á última do que nos interesa. Un bo exercicio práctico pode ser utilizalo na escola durante un periodo de tempo determinado onde se trata unha materia concreta e ver as diferencias en canto ao interese que desperta a temática nos alumnos e alumnas, novos coñecementos adquiridos ou novas amizades e contactos.