Unha revolta apoiada polos Social Media?
- Etiquetas:
- Temática:
Tunisia viviu durante 23 anos nunha dictadura que atenazaba ao país nun sistema no que a información era incapaz de circular libremente.
Extraemos dun artigo de Gawker, os elementos fundamentais para entender a de Tunisia como unha revolución potenciada polo sentimento de comunidade que son capaces de xerar os Social Media:
Datos relevantes:
- En Túnez existen 3 millóns e medio de internautas.
- En Twitter, baixo o hashtag #sidibouzid funciona un sistema de información útil e en tempo real.
- Algúns activistas citaron como o culmen dunha situación insoportable unha información de Wikileaks que criticaba a corrupción no goberno tunesino, en concreto, algúns detalles da ostentosa forma de vida do Presidente tunisio puideron indignar á pobación.
- En Tunisia Facebook é unha rede social importante, con case 1,4 millóns de usuarios.
- Existen moitos casos de censura, de encarcelamento de bloggers e activistas. En Facebook fálase dos datos extraídos de xeito ilegal, eliminación de grupos, imaxes e comentarios contrarios ao rexime. O colectivo Anonymous reaccionou, atacando ao goberno tunisino pola censura, con Operation Tunisia.
Tal como viamos fai unhas semanas coa aparición de Wikileaks, os Social Media, estanse a mostrar coma unha ferramenta moi potente para coordinar á sociedade nas súas accións e amosar moitas realidades escondidas polos medios tradicionais. O certo é que esta revolución estase a extender a través dos Social Media aos países fronteirizos que se atopan nunha situación semellante (Alxelia, Exipto..) onde conflúen o desemprego, as protestas cidadás polas situacións que se están a vivir e os medios dixitais.
A gran pregunta que nos facemos e que vos facemos é o cambio que supuxeron as filtraccións de Wikileaks, están a servir para acabar unha sociedade máis transparente?.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2397 lecturas
-