Redes sociais
TIC: a necesidade dun uso de calidade
- Etiquetas:
- Temática:
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2300 lecturas
Redes sociais: unha extensión da vida real
- Etiquetas:
- Temática:
As redes sociais forman parte do uso cotián da Internet e o fenómeno consolidouse definitivamente en 2010, cunha porcentaxe de usuarios entre os internautas españois que alcanza o 85%. Isto é o que se deduce do estudo elaborado por The Cocktail Analysis e feito público o pasado mes de febreiro. Este estudo ten como obxectivo analizar de forma continua a evolución das redes sociais e a social media entre os internautas españois.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2392 lecturas
O teléfono móbil e o M-Learning
- Etiquetas:
- Temática:
O uso de teléfonos móbiles nos centros educativos, en horario escolar, é unha cuestión regulada en practicamente todos eles e en case todos os países (nalgúns lugares, como na Franza, mesmo están prohibidos), pois a súa presenza na aula pode supor algún tipo de alteración no normal desenvolvemento da docencia. A esta posibilidade parece aludir o artigo 16 do Anteproxecto de Lei de Convivencia ao considerar conduta contraria á convivencia " Portar calquera obxecto, ....
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2691 lecturas
Seminario de Educación Dixital en Narón
- Etiquetas:
- Temática:
Os Seminarios de Educación Dixital consisten en sesións presenciais, dunha duración aproximada dunha hora e media, nas que de forma participativa e cercana se dan a coñecer as vantaxes e perigos que implica Internet. O obxectivo dos mesmos é abordar a problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo unha formación ampla dirixida aos sectores da sociedade máis implicados neste caso as nais, pais e titores.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2367 lecturas
O libro dixital
- Etiquetas:
- Temática:
O desenvolvemento da industria do libro dixital en Estados Unidos está estreitamente vinculado ao liderado de tres grandes empresas: Amazon, Barnes & Nobre e Apple. En todas elas, o lanzamento dun dispositivo de lectura veu acompañado dunha ampla oferta de contidos accesíbel a través de tendas online propias.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2439 lecturas
Que é Scratch?
- Etiquetas:
- Temática:
Con esta linguaxe de programación pódense facer xogos, animacións, música, arte, o límite está na nosa imaxinación. Nesta ligazón podedes ver un vídeo coas posibilidades que ofrece.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2478 lecturas
Unha revolta apoiada polos Social Media?
- Etiquetas:
- Temática:
Tunisia viviu durante 23 anos nunha dictadura que atenazaba ao país nun sistema no que a información era incapaz de circular libremente.
Extraemos dun artigo de Gawker, os elementos fundamentais para entender a de Tunisia como unha revolución potenciada polo sentimento de comunidade que son capaces de xerar os Social Media:
Datos relevantes:
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2504 lecturas
E-ducando, unha iniciativa da AS-PG
- Etiquetas:
- Temática:
Dende a Asociación Socio-Pedagóxica Galega consideramos que un dos retos da educación do século XXI consiste na progresiva implantación da educación dixital, que permita un acceso óptimo e seguro das xeracións máis nova ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación e, ao mesmo tempo, permita un maior coñecemento por parte do conxunto da Sociedade das súas potencialidades e perigos.
Un cambio necesario que ten que ver máis cos aspectos sociais que non tecnolóxicos.
You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2317 lecturas
Xestionar a nosa identidade dixital
- Etiquetas:
- Temática:
A maioría das enquisas realizadas sobre usos na Internet indican que o 90% dos novos internautas considera que saben utilizar gran parte dos servizos que ofrece actualmente a Rede. Facebook, Skype, Flickr, Tuenti, Youtube, Wikipedia, Google Maps, Messenger, Amazon... son ferramentas coas que estamos familiarizados. Sen embargo as mesmas enquisas demostran que son moi poucos os que son conscientes das ameazas que se cernen sobre eles cando se conectan.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2603 lecturas