Vencerse é cousa de se tratar. Lectura de textos de Xela Arias, o 16 de maio na Coruña

O sábado 16 de maio ás 12:30 horas, diante do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar unha lectura de textos de Xela Arias, actividade da AELG en colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda.
Contaremos coa actuación musical de César Morán, autor da música para o poema de Xela Arias Non é xusto do poemario Tigres coma cabalos, que forma parte do seu disco, Río de son e vento.
As persoas que queiran participar no recital poético deben confirmar asistencia no correo electrónico nesta ligazón. Agradécese que se confirme tamén o título do poema que se vai ler, para así non repetir ningún. Debido ás restricións derivadas da pandemia da Covid-19, deberase indicar tamén o voso nome, apelidos e número de teléfono, para cumprir coa lexislación sanitaria vixente.

Ribadeo: Letras no campo. VII Feira Ribadense do Libro

Casa de Rosalía, Padrón: “Homenaxe a Xela Arias. Daquelas que cantan”, o 8 de maio (suspendido)

Dadas as limitacións por causa da Covid, é necesario facer reserva previa neste enderezo electrónico: proxextos@rosalia.gal