Xaneiro 2012

Tablets en educación.

A presenza de dispositivos tipo tablet e o seu uso aumenta considerabelmente. Que posibilidades hai do seu uso no sistema educativo?

Durante a derradeira década foron varias as administracións educativas que apoiaron as iniciativas denominadas 1:1 (un computador para cada alumno e alumna). Con esas iniciativas queríase abordar o acceso do alumnado as 24 horas do día durante os sete días da semana a un dispositivo TIC, conexión a Internet a través da rede escolar e software educativo.