Criterios para avaliar os contidos dixitais

A aplicación dunha serie de parámetros á hora de diferenciar os contidos dixitais permitiranos avaliar cales son os que se adecúan á idade dos máis pequenos e respectan os seus dereitos.
O acceso dos nenos e nenas aos contidos dixitais

Atopámonos nunhas datas onde os nosos nenos e nenas reciben moita información en forma de contidos dixitais. Seguro que moitos dos agasallos que recibiron nestas datas son neste formato, ben sexa en forma de videoxogo, ordenador ou calquera outra aplicación que lles permita consultar unha multitude de información de xeito "libre".

Está claro que o problema non é o acceso á información nen as posibilidades que lles ofrecen as novas aplicacións dixitais. Sen embargo en máis dunha ocasión nos sorprendemos polos contidos que mostran determinados videoxogos, portais web, videos, audios... e é preciso exercer un control parental adecuado.

En canto ao control parental é certo que existen aplicacións informáticas que limitan o acceso a determinadas páxinas, que limitan o tempo de conexión ou que nos permiten ver as navegacións que se realizaron. De todos os xeitos, neste artigo, ímonos centrar nunha serie de recomendacións para que sexamos nós mesmos os que exerzamos ese control parental e que o acceso aos contidos dixitais se convirta nunha actividade familiar.

Os criterios que nos servirán para diferenciar os contidos dixitais que propoñemos son os seguintes:

  • Comportamentos sociais: consideraremos axeitados aqueles contidos que comporten una descrición positiva dos comportamentos infantís acordes cuns valores fundamentais como: os hábitos democráticos, a igualdade, o respeto aos demais, a cooperación, a solidaridade, a non violencia, a xustiza, a familia nas súas diversas modalidades, a protección do noso entorno e o medioambiente.
  • Retrato social e integración: contidos que reflexen un correcto retrato da realidade social no que todo o diferente se integre na sociedade con normalidade.
  • Violencia: contidos nos que haxa unha total ausencia de violencia, física ou verbal.
  • Sexo: contidos de carácter educativo ou pedagóxico para o descubrimento da sexualidade, específicamente dirixidos á idade dos menores.
  • Expresión artística: contidos cuxa plasmación se adecúe e resulte atractiva para estas idades, sendo comprensibles sen nengún tipo de axuda adiccional por parte do entorno máis próximo. Contidos que favorezan a estimulación da imaxinación e a súa creatividade.

Ter en conta estes parámetros axudaranos a discernir os contidos dixitais de xeito claro e ver cales son aqueles que mellor se adecúan aos máis pequenos en función da súa idade.

No próximo artigo trataremos específicamente a problemática dos contidos nos videoxogos.