Novembro 2010

Comportamento na Internet

Internet, como canle de comunicación que é, está suxeito a unha serie de regras e normas de corrección que nos permiten o intercambio de ideas e información có resto de usuarios. Neste apartado aprenderemos cales son os criterios máis importantes e os comportamentos que debemos evitar na nosa interacción pola Rede.
pesca.jpg

Na Internet, ademais das regras de comportamento que se usan na vida real, contamos cunha serie de normas específicas que nos facilitan a comunicación e garanten o respecto entre as partes. Estas regras de comportamento coñécense como “Netiquette” ou “Netiqueta”.

Aínda que trataremos polo miúdo no curso formativo "Normas de comportamento na Internet" as diferentes normas segundo a ferramenta a empregar, suliñaremos agora os principais factores a ter en conta:

Xestionar a nosa identidade dixital

Se ben é certo que Internet ofrece numerosas posibilidades tamén é certo que non existe unha cultura dixital.
Imaxe de redes sociais

A maioría das enquisas realizadas sobre usos na Internet indican que o 90% dos novos internautas considera que saben utilizar gran parte dos servizos que ofrece actualmente a Rede. Facebook, Skype, Flickr, Tuenti, Youtube, Wikipedia, Google Maps, Messenger, Amazon... son ferramentas coas que estamos familiarizados. Sen embargo as mesmas enquisas demostran que son moi poucos os que son conscientes das ameazas que se cernen sobre eles cando se conectan.