Educación dixital

Ofrecemos unha entrevista con Maria Helena Silveira Bonilla, da Universidade Federal da Bahia. Nela fala sobre a influencia da computación na área educacional.

A informática ten cada vez maior presenza na educación. Mais, mudou a maneira como se ensina e se aprende? A educadora Maria Helena Silveira Bonilla, da Universidade Federal da Bahia, fala sobre a influencia da computación na área educacional. O importante, na opinión da educadora, é saber en que medida os computadores poden transformar o proceso educativo e levar a unha reflexión sobre o que estamos facendo. Reférese, na entrevista, ao que acontece no Brasil mais é facilmente extrapolábel. O computador por si só non tería ese poder de mudanza, el formaría parte dun conxunto de medidas que son importantes para a educación. Bonilla, que é membro do grupo de pescuda Educación, Comunicación e Tecnoloxía da UFBA, explica que o movemento de integración dos computadores na educación comezou xa na década de 1980. Mais, os anos 1990, co surximento das redes dixitais, o foco saíu do hardware, da máquina en si, e pasou para as tecnoloxías dixitais de forma ampla. Hoxe xa non se fala da informatización da educación e si na inserción dos alumnos e dos profesores nas redes de coñecemento. Pasa, segundo a educadora, dun modelo individualista de aprendizado para un colaborativo. Bonilla fala aínda sobre as vantaxes da incorporación da tecnoloxía dixital, o advento dos tablets e a moda actual entre as institucións de educación de ofrecer eses dispositivos aos seus alumnos. A entrevista completa pode escoitarse nesta ligazón: ENTREVISTA