A UNESCO ven de publicar un espazo específico sobre o uso das TIC na Educación

A través deste espazo analízanse e ofrécese documentación actualizada sobre exemplo dos usos das TIC na educación, o e-learning como estratexia para evitar a fenda dixital entre países, a capacitación dos docentes nas tecnologías ou recursos electrónicos de libre acceso.
oer.png

O novo espazo web da UNESCO está dirixido a ofrecer información actualizada sobre o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación no ámbito da educación, dividíndose en seis grandes ámbitos de actuación:

  • Política: A UNESCO examina que función cumpren as TIC na concepción das políticas educativas tanto no marco normativo como no informativo. Nesta sección podemos atopar exemplos do uso das TIC na Educación moi interesantes como un marco metodolóxico para integrar as TIC na educación.
  • A Aprendizaxe ao longo da vida (Life Long Learning - LLL): onde se aborda a problemática da fenda dixital - cultural entre países e a contribución das TIC a minimizala; modelos de aprendizaxe a distancia ou de educación non formal.
  • A formación dos formadores: onde se analiza a importancia de millorar a calidade docente e a súa capacitación permanente como eixo clave para lograr unha educación de calidade.
  • A aprendizaxe electrónica: sección a través da cal podemos descubrir en detalle as características da REDEPEA, unha rede de máis de 9.000 escolas de 180 países afiliadas que desenvolven programas entre escolas cun uso experimental das TIC.
  • O sistema de información sobre a Administración da Educación: que nos permite extraer indicadores sobre o estado da educación en diferentes ámbitos e países, a súa eficacia interna e externa, o seu funcionamiento pedagóxico e institucional, os rendementos, deficiencias e necesidades.

Este espazo complétase cun apartado adicado a Recursos Educativos de Libre Acceso.

 

documentos claros, legibles y de fácil interpretación, acompañados de análisis pertinentes que les permitan fundamentar sus políticas.