Xullo 2011
Manual de supervivencia na Escola 2.0
- Etiquetas:
- Temática:
Chega o verán, un momento idóneo para reflexionar sobre a aprendizaxe dos máis novos. En E-ducando gustaríanos compartir con vos a pílula de coñecemento "Manual de supervivencia na Escola 2.0".
Coas novas técnicas de formación o concepto tradicional de escola, onde un mestre imparte unha materia e os alumnos e alumnas se limitan a coller notas e facer preguntas, mudou.
O novo concepto de educación, a Escola 2.0, permite unha creación da información de xeito colaborativo, onde tanto uns como os outros forman parte da elaboración dos contidos e poden aprender dos demais. Unha intelixencia colectiva que se reflicte nunha elaboración colaborativa.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2225 lecturas
-
A UNESCO ven de publicar un espazo específico sobre o uso das TIC na Educación
- Etiquetas:
- Temática:
A través deste espazo analízanse e ofrécese documentación actualizada sobre exemplo dos usos das TIC na educación, o e-learning como estratexia para evitar a fenda dixital entre países, a capacitación dos docentes nas tecnologías ou recursos electrónicos de libre acceso.
O novo espazo web da UNESCO está dirixido a ofrecer información actualizada sobre o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación no ámbito da educación, dividíndose en seis grandes ámbitos de actuación:
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Ler máis
- 2511 lecturas
-