Que é Scratch?
- Etiquetas:
- Temática:
Con esta linguaxe de programación pódense facer xogos, animacións, música, arte, o límite está na nosa imaxinación. Nesta ligazón podedes ver un vídeo coas posibilidades que ofrece.
O protagonista principal desta linguaxe de programación, que aglutina unha importante comunidades de educadores, é o gato Scratch aínda que podemos utilizar outras animacións existentes ou crealas de novo para utilizalas no noso proxecto.
Dispoñemos duns bloques de contrucción distribuídos por tipo e cores para que resulte máis fácil o seguemento do programa, que debemos ir encaixando ao espazo correspondente para que o gato faga o que lle indiquemos a través do rectángulo de execución.
Unha vez rematada a nosa programación temos a posibilidade de subila ao lugar web do MIT para que todo o mundo poida ver e desfrutar da nosa creación. Sorprenderavos a cantidade de xente que se interese polo voso proxecto!. Actualmente hai máis de 429.000 proxectos dos que podemos aprender xa que todos son publicados baixo licenza Creative Commons, e polo tanto podemos descargalos, utilizalos e acceder ao seu código fonte.
Para iniciarvos en Scracht, consultade as categorías Tutoriais e Videos onde poderedes aprender as funcións básicas.
Que o pasedes moi ben programando en Scracht!
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2431 lecturas