seminarios

Seminario de Educación Dixital en Narón

O vindeiro luns 23 de maio celebrarase un Seminario de Educación Dixital no Concello de Narón. Esta xornada vai dirixida a nais, pais e titores e busca afondar en conceptos como o uso das redes sociais, a identidade dixital, como buscar información veraz. Unha boa oportunidade para coñecer o que se está movendo na Rede.
feal.jpg

Os Seminarios de Educación Dixital consisten en sesións presenciais, dunha duración aproximada dunha hora e media, nas que de forma participativa e cercana se dan a coñecer as vantaxes e perigos que implica Internet. O obxectivo dos mesmos é abordar a problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo unha formación ampla dirixida aos sectores da sociedade máis implicados neste caso as nais, pais e titores.