Sermos Galiza

As redes sociais en tempo de mudanzas

"As redes sociais son a consecuencia lóxica da evolución de Internet. Ao principio da década dos noventa, Internet practicamente se reducía a unha información unidireccional" Asi comeza o A Fondo que o semanario Sermos Galiza dedica ao papel das redes sociais na sociedade actual
Redes sociais

Neste interesante documento faise unha análise do papel das redes sociais no mundo actual, constatando o que é unha realidade incuestionábel no proceso de visibilización e interconexión da cultura na Galiza e como as novas posibilidades que aportan as converten poderosos instrumentos de diálogo e emisión directa de discursos persoais e colectivos, para avanzar "na creación de espazos horizontais que faciliten aportacións fluídas entre institucións, creador@s individuais ou grupais e un público cada vez máis interesado en participar nos procesos culturais".