As redes sociais en tempo de mudanzas
- Etiquetas:
- Temática:
Neste interesante documento faise unha análise do papel das redes sociais no mundo actual, constatando o que é unha realidade incuestionábel no proceso de visibilización e interconexión da cultura na Galiza e como as novas posibilidades que aportan as converten poderosos instrumentos de diálogo e emisión directa de discursos persoais e colectivos, para avanzar "na creación de espazos horizontais que faciliten aportacións fluídas entre institucións, creador@s individuais ou grupais e un público cada vez máis interesado en participar nos procesos culturais". As redes no ensino, na empresa, no ciberactivismo, todo recollido neste documento cuxa lectura nos desvelará moitos interrogantes. Un documento de análise que, curiosamente, se publica nun medio en papel -se cadra o papel aínda non é tan prescindíbel- aínda que podemos acceder a unha versión en formato pdf na loxa de Sermos Galiza.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2917 lecturas