Aumentan lectores de e-books; diminúen os de libros impresos
- Etiquetas:
- Temática:
O número de lectores de libros dixitais está a aumentar, mentres o número de "consumidores" de libros en papel está a diminuír, subliñan os resultados dun estudo conducido pola Pew Internet. De acordo cos últimos datos indagados pola empresa de estudos de mercado en 2011, o número de persoas que tiraron partido de libros electrónicos aumentou para 23%, contra os 16% rexistrados un ano antes. A incidencia de lectores de libros electrónicos e tablets tamén aumentou, pasando do 18% para 33%, tendo en conta os mesmos datos, que foron indagados no mercado norteamericano entre persoas con 16 anos ou máis. A noción de que as librarías aseguran unha oferta de libros dixitais paralela á oferta de libros tradicionais en papel, tamén ten aumentado entre os 2.252 lectores inquiridos. Nesta última edición da pescuda 33% dos inquiridos eran conscientes desta oferta, contra os 18% que manifestaron a mesma consciencia na enquisa realizada o ano pasado. A Pew tamén concluíu que a porcentaxe de persoas que utilizan libros en papel tamén diminuíu, pasando do 78% para 75%. A aposta polos libros electrónicos e a dispoñibilidade de funcionalidades que permiten consumir este tipo de contidos nos equipamentos teñen servido de motor ao crecemento deste mercado. Alén dos lectores dedicados, os tablets viñeron xerar unha maior procura de libros en formato dixital e as tendas responderon con máis oferta.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 3422 lecturas