Debullando no "Blogomillo"
- Etiquetas:
- Temática:
" Os tópicos instálanse e axiña fican como verdades incuestionadas. Dise que o blogomillo está morto, que non resistiu o avance das redes sociais. Mais é realmente asi?" Asi comeza o A Fondo que o semanario Sermos Galiza dedica ao papel das redes sociais na sociedade actual.
Tati Mancebo, coordenadora dese A Fondo aclara o papel de unha e outra ferramenta: "As redes sociais céntranse no concepto de inmediatez, mentres que os blogues o fan na idea de almacenamento e organización permanentes de contidos. Os perfís das redes sociais son entidades que se definen en relación ás súas redes de contactos, mentres que os blogues foron e seguen a ser diarios, individuais ou grupais, de comunicación co mundo, coa intención de chegar a toda persoa que poida interesarlle un tema ou o un punto de vista particular sobre ese tema"
A importancia dos blogues na ámbito escolar, a tecnoloxía nos blogues en galego, blogues de fotografía, etc son alguns dos artigos que aparecen neste A Fondo.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2797 lecturas
-