Debuxar co rato
- Etiquetas:
- Temática:
O debuxo e a pintura a través do ordenador é unha das actividades máis solicitadas polos nenos e nenas cando se colocan diante dun ordenador. Dende E-ducando entendemos que é un recurso dixital moi interesante principalmente para os nenos e nenas de educación primaria. Grazas ao goce dos máis pequenos con este tipo de aplicacións podemos inculcarlle unha serie de normas de comportamente e hábitos dixitais que nun futuro próximo porán en práctica.
Estes xogos dixitais serven para:
- Familiarizarse co uso do teclado e do rato (adquirir a sensibilidade suficiente para saber utilizar o rato)
- Indicar unhas normas de comportamento en canto á ergonomía, é dicir, ao xeito de sentarse diante dun ordenador
- Xestionar o tempo de goce dun xogo dixital. Permitíndolle aos nenos e nenas desfrutar do seu uso sen abusar do número de horas.
- Igual que no papel permitenos coñecer as súas preocupacións, problemas ou imaxinación a través do debuxo
A continuación recopilamos algunhas ligazóns que nos permitirán facer uso destes xogos dixitais. Seguro que hai moitas outras que vos animamos a poñer en común para toda a comunidade de E-ducando.
DEBUXOS PARA PINTAR: Web moi completa na que se pode colorear en liña. Tamén inclúe actividades escolares, manualidades, xogos en liña...
POISSON ROUGE: Web de xogos interactivos que os nenos e nenas irán descubrindo de xeito intuitivo. Presenta un apartado de debuxar e colorear.
O MOUCHO BOO: Xogos divididos en tres categorías (premendo as teclas, movendo o rato e facendo clic). Os xogos renóvanse a miúdo.
PINTAMANIA: Con formato de pizzara permite trazar liñas ou debuxa a man alzada con ferramentas de trazo fino ou groso. Tamén permite incorporar figuras para colorear.
Coñecedes máis xogos interesantes para os nenos e nenas de educación primaria?
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2889 lecturas
-