Grupo de debate sobre a educación e o uso das TIC
- Etiquetas:
- Temática:
Vaise a cumprir un ano da posta en funcionamento desta iniciativa que partía con tres obxectivos:
- Por unha parte tiña a intención de contar na Rede cun espazo, un portal web onde aquelas persoas interesadas tiveran acceso a información de actualidade sobre un novo concepto a educación dixital, un concepto que cada día que pasa é menos alleo a todas e todos nos.
- Por outra parte tamén puxemos en marcha 5 pílulas de coñecemento que abordaban cunha metodoloxía pedagóxica 5 conceptos vinculados á educación dixital: que é e como xestionar a nosa identidade dixital, a veracidade da información na rede, as TIC na escola, normas de comportamento na Internet e a tecnoloxía e os cambios culturais.
- Por último combinamos esta iniciativa dixital coa parte presencial realizando Seminarios con nais e pais, educadores, bibliotecarios, informáticos, dinamizadores de telecentros... co obxetivo de poñer en común as nosas inquedanzas e obter o seu feedback.
Desta experiencia ben pronto nos decatamos do interese que desperta, trasladado en moitos casos a preocupación. Tamén nos decatamos de que nos quedaramos curtos neste iniciativa. Preguntas de amigos, colaboradores ou participantes nos seminarios poñían sobre a mesa aspectos como: é porque non tratades o comercio electrónico e os seus perigos?, que pasa coa fenda dixital? porque non vos apoiades en ferramentas tecnolóxicas máis colaborativas e con maior capacidade?, porque non se realizan máis seminarios?...
Para intentar dar resposta a estas cuestións puxemos en marcha a REDE SOCIO-EDUCATIVA BELVIS onde todas e todas podemos colaborar e creamos un Grupo de traballo e debate específico denominado Grupo de debate sobre a educación e o uso das TIC.
Esta nova ferramenta, coas súas eivas, permite establecer grupos de debate colaborativo, subir favoritos, crear blogues, ver un calendario de eventos, compartir presentacións, escribir nun chat e sobre todo contactar e coñecer a outras persoas cos nosos mesmos intereses.
Animámosvos a que participedes nesta nova iniciativa!
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2358 lecturas
-