Oratio Classroom, outra forma de dar as aulas na disciplina de música.
- Etiquetas:
- tecnoloxía |
- música |
- aulas
- Temática:
Un profesor portugués foi o vencedor dun evento internacional de profesores innovadores da Microsoft, unha iniciativa que xunta máis de 200 profesores e outros tantos proxectos innovadores, finalistas xa seleccionados entre 250 mil demandantes. João Carlos Ramalheiro foi o vencedor do Microsoft Partners in Learning Global Forum 2012, un concurso mundial de profesores innovadores, na categoría "escolla dos profesores" co proxecto Oratio Classroom & the World of Music. O profesor de música do 1º ciclo na Agrupación de Escolas da Lousã, tirou partido das tecnoloxías para alterar radicalmente a forma de dar as clases na súa disciplina de música. As tecnoloxías da Microsoft, como o Kinect, están entre as ferramentas usadas para deixar de lado as metodologias clásicas. O concepto na base do proxecto vencedor pasa por deixar os alumnos usaren a imaxinación para aprender os contidos da disciplina, promovendo a interacción coas ferramentas dixitais, a partir dun software desenvolvido para permitir esa integración. Os resultados tradúcense en mellorías de notas, garanten os responsábeis. No sitio web do proxecto é posíbel coñecer os detalles e os puntos clave deste Oratio Classroom.
Máis información, nesta ligazón.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- 2192 lecturas